Actualizaciones de Progreso

Sigue el avance día a día del hackathon

31 Agosto - 7 Septiembre 2025 • Anceu, Galicia

Descubre cómo evoluciona el proyecto de gestión del agua comunitario a lo largo de la semana. Cada día trae nuevos avances, aprendizajes y momentos especiales.

Equipo de Rural Hackers: África, Agus, Noe e Nacho
Día 1

Día 1: O rural galego como epicentro do cambio dixital

31 de agosto de 2025

O primeiro día dos Hacker Days arrancou coa emoción de quen saben que algo importante está por comezar. Os participantes chegaron a Anceu, un pequeno pobo galego de só 97 habitantes, convertido estes días no centro dunha aventura colectiva que une tecnoloxía e territorio. Alí os recibiu o equipo humano de Rural Hackers, que impulsou este evento co obxectivo de conectar entidades tecnolóxicas con comunidades rurais para deseñar solucións dixitais. Nacho, África, Agustín e Noelia deron a benvida a todos os participantes, asegurándose de que cada detalle estivese listo para unha semana de convivencia e creación. Foi unha xornada de aterrizaxe, de primeiras charlas, de mirar arredor e sentir que este entorno rural ten moito que dicir e que aportar. Durante os próximos sete días, este recuncho de Galicia será o lugar onde persoas diversas imaxinarán, deseñarán e construírán solucións dixitais pensadas para os veciños que máis as necesitan. E isto só é o comezo.

Ver detalles
Equipo tech: Orlando, Chema e Carol
Día 2

Día 2: Anceu como punto de partida, o rural como destino

1 de setembro de 2025

O segundo día comezou cunha mestura de curiosidade e compromiso. Xa integrados, os participantes escoitaron con atención a presentación do gran reto que marcará esta edición dos Hacker Days: transformar a xestión da auga nas zonas rurais. Púxose sobre a mesa unha realidade que moitas veces pasa desapercibida, pero que é vital para a vida nos pobos. O prototipo basearase en Anceu, onde Rosabel e Olga dedican, de forma voluntaria, preto de 400 horas ao ano a manter en funcionamento o sistema de auga: ler contadores, supervisar o depósito, rexistrar as medicións a man... Un traballo silencioso e esencial que se enfronta a un futuro incierto, xa que a falta de relevo xeracional e a dependencia do coñecemento de certos veciños fan que este modelo sexa fráxil. Por iso, o obxectivo desta semana quedou claro: deseñar de forma colaborativa, unha ferramenta dixital, aberta e gratuita que facilite esta labor comunitaria. Así comezou a fase de creación, coas primeiras ideas cobrando vida. Un grupo de vinte expertos en tecnoloxía, deseño e comunicación (xunto a cinco nenos) preparouse para "picar código e facer maxia" durante os días que estaban por vir. Con Orlando, Chema e Carol desde o equipo tech, as ideas comezaron a tomar forma, encamiñadas a converterse en ferramentas reais para o día a día dos pobos.

Ver detalles
Equipo UX: Miguel, Emma e Jesus
Día 3

Día 3: Debuxando o futuro da auga nos pobos

2 de setembro de 2025

O terceiro día amenceu coa enerxía de quen saben que chega o momento de dar forma ás ideas. Os equipos organizáronse para consolidar a estrutura en tres bloques fundamentais: un rexistro integral que permita centralizar a información, un calendario de mantemento para planificar as tarefas comunitarias e un repositorio documental que preserve o coñecemento dos veciños. O código empezaba a converterse nunha ferramenta real, con rumbo claro tanto na aplicación como na futura web pública. Pero non todo foron liñas de código. Este día resultou decisivo para a identidade do proxecto: traballouse na creación da imaxe de marca e nos primeiros bocetos visuais da aplicación. Miguel, Emma e Jesus, desde o equipo de Experiencia de Usuario, guiaron este proceso coa misión de que a ferramenta sexa intuitiva e fácil de usar para calquera. Porque, máis alá da tecnoloxía, a meta sempre foi a mesma: que os pobos conten con solucións útiles, claras e pensadas para o seu día a día.

Ver detalles
Equipo de comunicación: Ana e Pablo
Día 4

Día 4: A web levántase e a historia comeza a viaxar

3 de setembro de 2025

O cuarto día trouxo consigo a emoción de ver como as pezas comezan a encaixar. A xornada estivo centrada en dar forma á web pública do proxecto, pensada como a ponte entre a tecnoloxía e os veciños, co claro obxectivo de dar visibilidade á ferramenta, explicar as súas funcionalidades e quen é o equipo que estivo detrás da súa creación. Pero o día non se quedou só en liñas de código e pantallas en construción. O proxecto comezou tamén a facerse oír fóra de Anceu, despertando o interese de quen miran ao rural con curiosidade e esperanza. Desde o equipo de comunicación abríronse as primeiras conversas con medios, e pronto as historias deste proxecto que xa tiña nome "Punto de Agua" empezaron a viaxar máis alá dos seus límites. A cadea ser, Galicia Press, Corresponsables, Marketing Directo, Marketing4eCommerce, Vivaces... foron os primeiros en recoller a noticia. O que ata onte era un esforzo local empeza a resonar como unha semente de cambio para moitos outros territorios. Para coordinar esta labor esencial de visibilización está parte do equipo de comunicación: Ana e Pablo, que xuntos están creando un documental de todo o que está sucedendo durante os hacker days e Pablo creando un Podcast.

Ver detalles
Equipo de desenvolvemento: César, Miguel Ángel e Víctor
Día 5

Día 5: Do prototipo á ferramenta

4 de setembro de 2025

O quinto día marcou un antes e un despois nos Hacker Days: a idea empezou a converterse en ferramenta. Tras xornadas de conversas, prototipos e primeiras probas, a aplicación web e móbil viu a luz como a semente tecnolóxica que transformará a xestión comunitaria da auga. O camiño non estivo exento de desafíos, a ambición do proxecto superaba o que unha soa semana podía abarcar, e pronto fixose evidente que había que tomar decisións con axilidade. Xuntos, como un verdadeiro equipo, priorizamos as funcionalidades esenciais que debían estar listas e operativas desde o primeiro día, deixando outras ideas prometedoras ben encamiñadas para crecer no futuro. Este exercicio de enfoque non foi un límite, senón un impulso: permitiu que a aplicación nacera cunha base sólida e lista para usar. Para asegurar que esta ferramenta non só funcione, senón que sexa robusta e útil para os pobos, estaba o resto do equipo de desenvolvemento: César, Miguel Ángel e Víctor.

Ver detalles
Equipo de marketing: Juanma, Laura e Pablo
Día 6

Día 6: Último día; sementar innovación en cada recuncho rural

5 de setembro de 2025

O último día chegou cargado de intensidade e enerxía. No corazón de Anceu, o departamento técnico estaba completamente concentrado, picando código sen descanso para deixar todo listo e operativo. Mentres tanto, o equipo de marketing pechaba os últimos detalles da web, asegurándose de que a historia dos hackers days e Punto de Agua chegará a todos os recunchos posibles. A meta non era só presentar un proxecto terminado, senón deixar un legado vivo: unha base sólida con código aberto para que se poida replicar en todos os pobos que se atopen na mesma situación. Para que esta mensaxe chegue a todos os recunchos onde fixera falla, contamos con Juanma, Laura e Pablo, parte do equipo de marketing, quen con entusiasmo e compromiso encargáronse de amplificar o impacto do proxecto a través das redes. Grazas ao seu traballo, a innovación de Anceu non se queda no pobo; viaxa, inspira e sementa posibilidades en toda a rexión.

Ver detalles
Presentación oficial de Punto de Agua en Anceu
Día 7

Día 7: A Presentación no Pobo da App

6 de setembro de 2025

O último día dos Hacker Days culminou coa presentación oficial da aplicación no pobo de Anceu. Este momento foi a demostración tanxible de como a tecnoloxía pode servir ás necesidades reais do rural. A aplicación, deseñada para substituír os procesos manuais por unha dixitalización total, garantirá a continuidade do sistema de auga sen depender da memoria individual de unhas poucas persoas. Búscase aforrar tempo a quen sosteñen o sistema e evitar o desperdicio de auga. Con esta ferramenta, Rural Hackers e os seus colaboradores (TEIMAS, SiteGround, VIKO, ElevenYellow Pte. Ltd., NEXT DIGITAL, AdoptaUnJunior e Anceu Coliving) demostraron o seu compromiso coa mellora da calidade de vida nos territorios rurais, fomentando solucións tecnolóxicas abertas, impulsadas desde abaixo e centradas nas comunidades. O proxecto de Anceu é un modelo de colaboración onde a tecnoloxía ponse ao servizo das necesidades locais para un impacto social real.

Ver detalles