Día 5
4 de setembro de 2025
Día 5: Do prototipo á ferramenta
Equipo de desenvolvemento: César, Miguel Ángel e Víctor
25
Participantes
⚡
produtivo
O quinto día marcou un antes e un despois nos Hacker Days: a idea empezou a converterse en ferramenta. Tras xornadas de conversas, prototipos e primeiras probas, a aplicación web e móbil viu a luz como a semente tecnolóxica que transformará a xestión comunitaria da auga.
O camiño non estivo exento de desafíos, a ambición do proxecto superaba o que unha soa semana podía abarcar, e pronto fixose evidente que había que tomar decisións con axilidade. Xuntos, como un verdadeiro equipo, priorizamos as funcionalidades esenciais que debían estar listas e operativas desde o primeiro día, deixando outras ideas prometedoras ben encamiñadas para crecer no futuro.
Este exercicio de enfoque non foi un límite, senón un impulso: permitiu que a aplicación nacera cunha base sólida e lista para usar. Para asegurar que esta ferramenta non só funcione, senón que sexa robusta e útil para os pobos, estaba o resto do equipo de desenvolvemento: César, Miguel Ángel e Víctor.
Momentos destacados
- 1 Lanzamento da aplicación web e móbil
- 2 Priorización de funcionalidades esenciais
- 3 Desenvolvemento de base sólida
- 4 Preparación para uso real