Día 4
3 de setembro de 2025
Día 4: A web levántase e a historia comeza a viaxar
Equipo de comunicación: Ana e Pablo
25
Participantes
😌
optimista
O cuarto día trouxo consigo a emoción de ver como as pezas comezan a encaixar. A xornada estivo centrada en dar forma á web pública do proxecto, pensada como a ponte entre a tecnoloxía e os veciños, co claro obxectivo de dar visibilidade á ferramenta, explicar as súas funcionalidades e quen é o equipo que estivo detrás da súa creación.
Pero o día non se quedou só en liñas de código e pantallas en construción. O proxecto comezou tamén a facerse oír fóra de Anceu, despertando o interese de quen miran ao rural con curiosidade e esperanza. Desde o equipo de comunicación abríronse as primeiras conversas con medios, e pronto as historias deste proxecto que xa tiña nome "Punto de Agua" empezaron a viaxar máis alá dos seus límites.
A cadea ser, Galicia Press, Corresponsables, Marketing Directo, Marketing4eCommerce, Vivaces... foron os primeiros en recoller a noticia. O que ata onte era un esforzo local empeza a resonar como unha semente de cambio para moitos outros territorios. Para coordinar esta labor esencial de visibilización está parte do equipo de comunicación: Ana e Pablo, que xuntos están creando un documental de todo o que está sucedendo durante os hacker days e Pablo creando un Podcast.
Momentos destacados
- 1 Desenvolvemento da web pública
- 2 Primeiras coberturas mediáticas
- 3 Creación de documental e podcast
- 4 Expansión do impacto do proxecto