Día 2
1 de setembro de 2025
Día 2: Anceu como punto de partida, o rural como destino
Equipo tech: Orlando, Chema e Carol
25
Participantes
🤔
concentrado
O segundo día comezou cunha mestura de curiosidade e compromiso. Xa integrados, os participantes escoitaron con atención a presentación do gran reto que marcará esta edición dos Hacker Days: transformar a xestión da auga nas zonas rurais. Púxose sobre a mesa unha realidade que moitas veces pasa desapercibida, pero que é vital para a vida nos pobos.
O prototipo basearase en Anceu, onde Rosabel e Olga dedican, de forma voluntaria, preto de 400 horas ao ano a manter en funcionamento o sistema de auga: ler contadores, supervisar o depósito, rexistrar as medicións a man... Un traballo silencioso e esencial que se enfronta a un futuro incierto, xa que a falta de relevo xeracional e a dependencia do coñecemento de certos veciños fan que este modelo sexa fráxil.
Por iso, o obxectivo desta semana quedou claro: deseñar de forma colaborativa, unha ferramenta dixital, aberta e gratuita que facilite esta labor comunitaria. Así comezou a fase de creación, coas primeiras ideas cobrando vida. Un grupo de vinte expertos en tecnoloxía, deseño e comunicación (xunto a cinco nenos) preparouse para "picar código e facer maxia" durante os días que estaban por vir. Con Orlando, Chema e Carol desde o equipo tech, as ideas comezaron a tomar forma, encamiñadas a converterse en ferramentas reais para o día a día dos pobos.
Momentos destacados
- 1 Presentación do reto: xestión da auga rural
- 2 Coñecemento do traballo de Rosabel e Olga (400h/ano)
- 3 Inicio da fase de creación
- 4 Formación de equipos multidisciplinares