Día 3
2 de setembro de 2025
Día 3: Debuxando o futuro da auga nos pobos
Equipo UX: Miguel, Emma e Jesus
25
Participantes
💡
creativo
O terceiro día amenceu coa enerxía de quen saben que chega o momento de dar forma ás ideas. Os equipos organizáronse para consolidar a estrutura en tres bloques fundamentais: un rexistro integral que permita centralizar a información, un calendario de mantemento para planificar as tarefas comunitarias e un repositorio documental que preserve o coñecemento dos veciños.
O código empezaba a converterse nunha ferramenta real, con rumbo claro tanto na aplicación como na futura web pública. Pero non todo foron liñas de código. Este día resultou decisivo para a identidade do proxecto: traballouse na creación da imaxe de marca e nos primeiros bocetos visuais da aplicación.
Miguel, Emma e Jesus, desde o equipo de Experiencia de Usuario, guiaron este proceso coa misión de que a ferramenta sexa intuitiva e fácil de usar para calquera. Porque, máis alá da tecnoloxía, a meta sempre foi a mesma: que os pobos conten con solucións útiles, claras e pensadas para o seu día a día.
Momentos destacados
- 1 Definición de estrutura en 3 bloques
- 2 Desenvolvemento do código base
- 3 Creación de identidade visual
- 4 Deseño de experiencia de usuario